Olaia contrata a Uxía, pero ten problemas co abastecedor de teas, un "vello coñecido de Uxía". A relación entre Gloria e Diego vaise afianzando; Gloria, ademais, conta cunha importante testemuña que presenciara a agresión de Gonzalo. Carmiña e Pepe, seguen en Canarias, e os amigos deste comezan a cruzar apostas sobre a cantidade de bicos que lle conseguirá dar. Xan pelexa co seu pai e pouco despois, Teté trata de convencelo para que cambie de actitude, manifestando un profundo interés polo axudar. Ante a insistencia de dona María de facerlle pagar ao seu fillo Gonzalo polo que fixo, este toma unha dramática decisión.