Teté comunícalle a Leo que vai casar con Xan. Leo nese intre rememora o día da súa voda con Da Silva, cando un fatal accidente, causou a morte de Gloriña. Lito quédalle moi agradecido a Pepe por salvarlle a vida e convértese na súa sombra, aínda que máis ben no seu pesadelo. Ricky preséntase no pazo e pídelle a Uxía que o acompañe ao sicólogo. Leo segue mortificándose cos feitos, le unha e outra vez o informe xudicial do accidente e decide aplicar o ollo por ollo contra Teté. Katuxa preséntalle a Sonia o seu noivo Daniel. Diego, finalmente claudica ante a invitación da Sra. Ruiz e acode a un restaurante, onde tamén Sonia aceptara ir con Katuxa e o seu noivo. Un equívoco desencadea unha escena de celos entre Sonia e Diego. Diego, finalmente sucumbe ante a Sra. Ruiz coa que vive un apaixoado encontro.Teté revélalle a súa avoa que casara con Xan, discuten e dona María recoñeceque a única que se preocupa por ela é Leonor. Leo empurra a Teté, que cae desde unha ventá morrendo pouco despoi