Dona María ten unha forte disputa con Moncho porque a deixa sen descendencia como consecuencia do affair cunha prostituta. Katuxa tenta intervir para que Sonia retome a súa relación con Diego. Richy comunícalle a Uxía o seu firme desexo de rehabilitarse, para o que vai ingresar nunha clínica de desintoxicación. Xan non ve o xeito de casar con Teté inmediatamente, por culpa da burocracia, os prazos, os cursiños. Nín as boas intencións de Pepe e máis Lito, que tamén tentan conseguilo, son capaces.