Leo ofrécelle a Moncho que lle xestione as viñas do Outeiro, pero en realidade é unha argucia máis para levar a cabo súa vinganza, que perpetrará unha xove prostituta sen escrúpulos a cambio dunha boa suma de cartos. Moncho morde o anzol e acaba nun hotel coa xove que lle amputa parte do seu órgano xenital. Dona María está dun humor insoportable. Fina, en ausencia de Carmiña, substitúea no pazo. Richy chama a Uxía porque sofre a síndrome de abstinencia e entre Xan e Tetré xorden de novo as diferencias. Diego pídelle axuda a Katuxa para arranxar as cousas con Sonia, mentres que a señora Ruíz segue intentando seducilo.