Regresa Lito de Suiza e Pepe enfádase con él porque é ao único que non lle truxo un agasallo. Discuten, e o prexudicado é Xan a quen non lle arranxan as avarías do local. Leo coquetea con Moncho ante Vanesa para levar adiante o seu plan de vinganza. Dona María ten un enfrontamento con Diego porque antepón os seus desexos á familia e a unión das terras dos Lantaño. Leo, no medio da súa loucura, imaxina que asasina a Moncho, despois a Teté; pero ante todos móstrase enteira, comprensiva e máis agarimosa ca nunca, sobre todo con dona María. Tamén imaxina o xeito e o lugar onde lle vai disparar á avoa, e decide finalmente que empezará a elimina-los Lantaño comenzando por dona María.