Carmiña pretende viaxar á Arxentina a visita-la súa curmá que recén tivera xemelgos. Leo vai a ver a dona María para dicirlle que o pasado está esquecido, ofrécelle a súa comprensión e cariño e asegúralle que vai comezar unha nova vida. Diego comunícalle a Sonia que presentou a demanda de divorcio. Marta fará o posible para que non a deixe, Da Silva infórmaa que ten dereito á metade das propiedades de Diego. Uxía discute con Richy pola adicción desta ás drogas.