Diego coñece no campo de golf a Sonia, unha moza atractiva, escritora de novelas románticas que se fai pasar por filla dun diplomático para reunir información. Diego ten como compañeiro de xogo a Alberte, un mozo economista que ademais é amigo de Sonia. O brasileiro, ademais, non tarda en chamar ao seu carón a Uxía. Lito insístelle a Pepe en que precisan dunha campaña de marketing para o seu taller. Isto causa un enfrontamento entre Carmiña e Susa por ser a imaxe da carpintería.