Neste programa de Quen Anda Aí recibimos a Marisa, unha muller de Sanxenxo disposta a atopar o amor, que ademais pode contar unha anécdota moi boa: fíxolle croquetas ao Rei de España. Tamén coñeceremos a Asunción e a Lola, tía e sobriña que son a revolución da Illa de Arousa. Ademais achegarémonos á historia de Celia, unha superavoa que aprendeu a nadar aos 64 anos e con 87 segue competindo. E seguiremos de preto as andanzas do noso Club dos Catro e, como sempre, a nosa reporteira Rocío Barrio vai sorprender a un dos nosos convidados.