A primeira protagonista será Sofía, que espera á beira da ría de Vigo, no concello de Vilaboa, para amosar aos espectadores as súas espectaculares vistas, presididas pola ponte de Rande e as bateas que enchen esta zona da ría. O seguinte en ensinar a súa casa será o arquitecto Óscar Pedrós, que presentará en Oleiros o primeiro deseño propio, a Casa Eins.O programa tamén estará no fogar de Gloria, onde os seus os veciños en Santiago de Compostela coñecen a vivenda como «a casa sen ventás» , que conta con dúas impoñentes terrazas orientadas cara á cidade vella. Na Ramallosa os reporteiros visitarán Villa Quichuca, unha casa indiana de principios do século XX que na actualidade está ocupada por Ana, unha arqueóloga que se encargou da rehabilitación da vivenda. Finalmente, no concello de Santiso falarán con Carlos, que xunto co seu irmán construíu unha marabillosa cabana de madeira con forma de A.