O percorrido comeza no monte de Santa Cristina, en Sarria, onde vive Belén nunha moderna edificación en perfecta simbiose co bosque que a rodea. En Outes, volvemos saudar unha parella formada pola compostelá María e o londiniense Rupert, que guían por terceira vez o equipo de “Que Casas!”, desta volta presentando unha casa de pedra de estilo tradicional, que foi a primeira que se ocuparon de restaurar. En Cabanas, atopamos a José Manuel, o construtor dunha casa modular que ergueu para un dos seus mellores amigos e que foi decorada por María, a irmá do dono. No concello pontevedrés de Lalín, entramos nunha preciosa casa tradicional galega onde vive Manuel e onde retoma a conexión coas súas orixes. Oarquitecto Arturo Dapena condúcenos por unha das súas creacións: unha casa que deseñou na década dos 70 en Bueu, cunhas vistas espectaculares da ría de Pontevedra e da illa de Ons.