Con frecuencia as casas son o reflexo dos nosos anhelos. Nas nosas aspiracións de culminalos chegamos ata onde podemos e, ás veces, a maxia materialízase ante nós. Unha piscina enfrontada ao ceo nun día de choiva en Sanxenxo, un pazo con tres séculos de historia na Estrada, un hórreo trasladado pedra a pedra desde dunha finca a outra moi preto de Carnota. Son bos exemplos disto, se lles sumamos unha casa modular moi próxima a Compostela e un espectacular piso no centro da Coruña xa temos o Que Casas! de hoxe, sentade e gozade.