Unha das vivendas está ateigada de lembranzas de decoración italiana, outra ten unha área reservada para o xogo dos máis cativos. O programa tamén verá outra que conta cunhas fermosas escaleiras de caracol mercadas en Portugal. “Que Casas!” atopará o contraste nun pequeno apartamento que non ten un oco baleiro nas súas paredes e, ademais, verá unha casa en que locen dúas réplicas de proxectís aéreos na súa entrada principal. O fascinante pazo do Faramello, o impoñente pazo da Saleta, o xardín salvaxe dun home asentado en Bergondo e o pazo de Rubianes serán as paradas do programa deste martes.