Unha parella que vive nunha casa modular, un realizador de cine que ten un piso para vivir en soidade, unha decoradora que vive coa súa nai e as súas fillas e un home cuxa casa non ten portal nin balado son os protagonistas desta edición de  “Casamos!”. Para coñecelos temos que visitar as parroquias de Santa Mariña do Rosal, Santa Cruz de Arrabaldo e San Xulián de Gandarela. Unha viaxe que leva tamén o programa ao madrileño municipio de Pozuelo de Alarcón, ademais de pasar polas provincias de Ourense e Pontevedra. Ignacio Iglesias, María Cabanelas, Lucas Gutiérrez e Paula Vázquez son os nosos anfitrións.