Un arquitecto, dous irmáns con apego polo mar, un viaxeiro arxentino namorado de Galicia e un iogui emigrado a Cataluña son os protagonistas de  “Que Casas!”. Para coñecer os seus fogares, o equipo do programa ten que percorrer unha morea de quilómetros, pasando por Oleiros e chegando ata Barcelona.David e Sara herdaron unha casa do pai na praia das Caneliñas, onde houbo unha baleeira histórica da que só quedan os restos e que ten moito que ver coa enerxía do lugar.  Lucas é arquitecto e fíxolle rn Oleiros unha casa de deseño a unha parella sen fillos. Ten unha piscina, unha escada con chanzos de formigón integrados no céspede do xardín e unha zona para churrascadas que fai de continuación exterior ao propio salón da vivenda.  Andrés, mentres tanto, é un hippie que marchou a unha vila próxima a Barcelona, pero a súa a casa parece unha mansión de campo. Pola súa parte, Sebastián é arxentino, namorou de Galicia e fíxose construír unha casa en Vedra á medida dos seus soños.