O programa “Que Casas!” amosará hoxe tres vivendas de deseño espectaculares e outra non menos impresionante que xurdiu da transformación dunha casa tradicional de campo.  Todas estas vivendas son reformas que supuxeron un notable cambio dos espazos que hoxe ocupan os seus habitantes. E para velas o espazo da TVG terá que pasar por Poio, Ordes, Cangas do Morrazo e o concello asturiano de Cangas del Narcea.  Os anfitrións desta semana chámanse Marcos Casal, Beatriz Iglesias, Miriam Uhia e Mauro Lomba. Marcos encintou a súa casa coas súas propias mans. Beatriz vive nunha casa típica de pescadores, estreitiña pero moi alta. Miriam vive nunha casa de madeira propia do estilo de vivendas norteamericano e Mauro deseñou unha casa espectacular nunha contorna natural alucinante.