Benvidos unha vez máis a Que Casas! Hoxe iremos a lugares da nosa xeografía como Parada de Sil, Ponteceso e Santiago de Compostela, pero tamén visitaremos o madrileño barrio de Chamberí. Veremos unha casa rústica abraiante e outra na que se empregaron as últimas innovacións arquitectónicas para o aforro enerxético. Outras paradas levarannos a coñecer o céntrico piso dun rapaz moi creativo e a obra de dous arquitectos galegos que andan polo mundo facendo unhas reformas espectaculares.