Emigrantes galegas que regresan á nosa terra para reformar as casas dos seus soños. Inmigrantes que veñen formarse a Galicia e regresan aos seus países de orixe para reformar as súas casas neles. Netos que queren recuperar as súas raíces transformando as casas que construíran os seus avós. E deseñadores que puxeron en práctica as súas mellores ideas decorativas nas súas casas de veraneo fronte ao mar.  Unha mostra de todo isto é o que atoparán os espectadores no programa desta noite de “Que Casas!”. Para iso pasará por Padrón, A Guarda, Guitiriz e O Grove, pero tamén irá ata Portugal, onde parará na fermosa cidade de Porto. Os anfitrións serán Celestina Castiñeiras, Genma Marqués, Pedro Vasco, Jesús González e José Juan Fernández.