O programa para en Ourense, Ferrol, Redondela e O Porto para amosarnos catro casas restauradas. Unha artista buscou vivir nun barrio que fose realmente inspirador; un arquitecto, adaptarse a Patrimonio sen deixar de innovar; outro, aproveitar ao cen por cento as vistas dunha fermosa casa xunto ao mar; e unha psicóloga infantil, poñer en marcha un proxecto de vida nunha espectacular vivenda que tivese un espazo para a súa empresa e mais a do seu home. Os protagonistas deste “Que Casas!” son Sara Pazos e Luís Araujo, Camilo Garrido, Quico Jorreto, Xaquín Carballo e Melania Beceiro.