Moi preto de Ourense, o espazo “Que Casas!” comeza o seu tempo na TVG amosando unha casa modular. O seu artífice é o arquitecto Quico Jorreto e, como se pode ver, as casas en si poden ser construídas batendo marcas de tempo.  En Corcubión coñecemos un artista, Álvaro de la Veiga, que vive arrodeado da súa propia obra nunha vivenda de catro plantas que xa en si mesma é unha obra de arte.  En Pontevedra, Begoña Vázquez preséntanos unha desas casas que non deixa indiferente a ninguén, poderase amala ou odiala pero, de seguro, que se goza coa súa visita. Outra das nosas paradas é en pleno casco vello de Vigo, onde coñecemos o piso de Fernando Franco, un coñecido xornalista da cidade olívica.