Nesta nova edición amosarase unha casa cun pequeno obradoiro para a bricolaxe no seu exterior, outra cunha fiestra que permite contemplar as estrelas e outra con ladrillo visto no comedor. Os espectadores tamén verán unha cabana feita de madeira e unha casa que ten máis 300 anos de antigüidade. Para facelo, o equipo do programa pasará por Oza (A Coruña), Cotobade (Pontevedra), Bertamiráns (A Coruña) e Ourense.