Os reporteiros do programa “Que Casas!” visitarán hoxe unha vivenda cuxo interior case non ten portas e cuxas paredes están feitas de pedra sen ningún tipo de recubrimento. Os espectadores tamén poderán ver dúas casas arquitectonicamente impactantes: un pazo histórico e un dúplex de deseño en plena zona urbana. Para completar estas rutas, o programa percorrerá os concellos de Oleiros, O Barco de Valdeorras, Santiago de Compostela e Vigo, concretamente Ponte Caldelas.