Un pazo do século XVI en Lalín, a impoñente vivenda dunha galega establecida en Madrid e unha impresionante casa no municipio pontevedrés de Oia son os escenarios aos que nos leva “Que Casas!”.  Pero a primeira das paradas é no concello coruñés de Oleiros. Alí os espectadores verán unha casa que está revirada sobre si mesma para facer posible a óptima contemplación da grandeza paisaxística que a rodea. A parada de Madrid corre á conta de Ángeles, unha compostelá que viviu en espectaculares lugares de Londres e Nova York antes de decidirse por esta cidade.