Os espectadores da TVG poderán ver hoxe, no programa “Que Casas!”, a vivenda dunha señora que fixo construír nela un pequeno baño turco a modo de spa. Os reporteiros do espazo tamén visitarán una casa antiquísima onde vive un home que conta cunha sala para tocar e gozar da música e outra cunha piscina de pedra que semella ser unha poza que levase toda a vida no xardín do seu propietario.