Os espectadores de “Que Casas!” coñecerán unha muller cuxo xardín conecta directamente cun fermoso río a través dun pequeno sendeiro e outra que vive nunha morada tan grande que podería asemellar un pazo. Outra das anfitrioas de hoxe habita unha casa que pertenceu a un corsario de mediados do século XV e a última delas ten vivenda que, nos anos trinta do século pasado, fora un colexio construído grazas aos cartos da emigración e á madeira doada por unha marquesa. Os destinos serán a parroquia compostelá de Marrozos, os concellos pontevedreses da Lama e Soutomaior, Corcubión e Monforte.