Esta muller veraneou toda a vida no grovense lugar de San Vicente do Mar, por iso pode ser que acabara vivindo nunha casa en Madrid que ben puidera parecer que está nunha vila do rural galego. Eles fixeron unha impoñente casa que deixa abraiados a cantos pasan polo coruñés concello de Sada. A el non lle bastou con restaurar unha casa, senón que xuntou a varios amigos para recuperar case unha aldea enteira. E ela deseñou o seu propio apartamento en pleno centro de Vigo. Todos eles son os nosos anfitrións de hoxe e levarannos de viaxe a través das súas vivendas en Que Casas!