As paradas de hoxe serán A Coruña, Brión, Betanzos e unha pequena poboación situada ao norte de Portugal. Nelas atópase unha parella composta por un galego e unha norteamericana, unha parella composta por dous soñadores moi amantes dos animais, unha muller que restaurou a vivenda dos seus avós e outra que se define a si mesma como unha persoa moi espiritual.