“Que Casas!” visita esta noite, en primeiro lugar, o concello de Culleredo, onde da man de Susana coñecerase a súa preciosa casa campestre con piscina. Na zona vella da cidade da Coruña, o programa encontrarase con David, un interiorista que reformou o andar baixo da casa de seus pais, no que agora vive. E, dun centro urbano, viaxarase ao corazón da serra dos Ancares para descubrir unha excepcional casa señorial do século XVI. Na vila mariñeira de Combarro, os espectadores gozarán tamén cunha casa, con 300 anos de historia, asociada en orixe á almacenaxe do sal. A última parada será en Panxón, onde o arquitecto Germán Carballeira amosará un dos seus proxectos.