Un home que fixo a súa casa fronte ao mar e unha muller que construíu os mobles da súa vivenda reaproveitando partes doutros serán algúns dos anfitrións do programa desta semana de “Que Casas!”. Ademais, os espectadores coñecerán unha parella que vive cunha aguia nunha casa de estilo tradicional e un xunqueirao que habita un piso entre cuxas paredes se pode  respirar a esencia da historia recente de toda unha vila. Outra das visitas permitirá entrar de cheo no mundo das persoas con diversidade funcional.