A arquitecta Carmen Viño presentará Cangas do Morrazo unha tradicional casa de pedra que reformou no ano 2015.  Na seguinte visita, o espazo da TVG ficará na provincia de Pontevedra mais virará cara ao interior ata chegar ao concello de Forcarei, lugar onde o arquitecto Luís Gil converteu unha vivenda rural do século XIX no seu fogar cunha delicada reforma que actualiza as súas funcionalidades. Aínda máis no interior, “Que Casas!” visitará a parroquia de San Martiño de Ombreiro, no concello de Lugo. Alí o artista multidisciplinar Gonzalo Velasco amosaralles aos espectadores o seu “barco de luz”, que é como define o seu fogar. No concello de Valdoviño, o programa coñecerá a Lucila e a súa casa estival, decorada con gran cantidade de antigüidades. En Cameixa, na comarca do Ribeiro, o profesor da USC Óscar García amosará a súa vivenda de deseño moderno enclavada na montaña ourensá e arrodeada de vides.