O programa “Que Casas!” da Televisión de Galicia amosaralles hoxe aos espectadores unha casa que, pese a non ser modular, foi construída en menos de dúas semanas cun innovador sistema. Ademais, os reporteiros do programa coñecerán o descendente dunha importante saga familiar que coida con agarimo dunha casa que foi moi importante para os seus devanceiros. As cámaras tamén gravarán a vivenda dunha rapaza que ten un impoñente xardín cunha grella para facer churrasco e outro anfitrión que, inspirado pola paz da aldea na que está situada, mercou unha fantástica vivenda.