Nesta estrea desta sexta tempada de “Que Casas!” farase unha ambiciosa viaxe que levará a audiencia por fermosos lugares da xeografía galega. Pero tamén chegará ata unha cidade que está exactamente a 899 quilómetros da capital de Galicia. En todas estas paraxes amosaranse galegos que viven en lugares sorprendentes. Uns habitan a vella casa restaurada dos seus antepasados, outros acaban de mercar un apartamento que quixeron reformar, e outros optaron incluso por morar no mesmo habitáculo en que desenvolven o seu traballo. Que os espectadores non perdan detalle porque así de atractivo comeza o novo de “Que Casas!”.