Retransmisión en directo da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo, que outorga a Academia Galega do Audiovisual, cos comentarios de Moncho Lemos, desde o Palexco da Coruña. Este ano a temática é os musicais. De feito, o evento arranca cunha homenaxe a este xénero en que as catro películas nomeadas a mellor longametraxe se converten nunha peza musical.  A gala está presentada por outro rostro da Televisión de Galicia, a actriz de “Pazo de Familia” Iolanda Muíños, e conta coa dirección do tamén actor Manolo Cortés.   Un total de 176 obras –cinco longametraxes, 25 documentais, dez series de televisión, nove series web, 32 programas, 31 curtametraxes, oito curtas de animación, 20 anuncios e 36 videoclips– concorren aos galardóns. As producións da TVG acumulan máis de 60 candidaturas aos premios. As catro series que optan a levar a estatuíña foron ou están a ser emitidas por esta canle: “Dalia, a Modista”, “Era Visto”, “Nós” e “Serramoura”. Os medios públicos están, así mesmo, presen