Índice de contidos 01:40 Patri, 'Plastilina de xabón' 09:54 Marta e Manuel, 'Acondicionado da horta I' 15:44 Iago, 'Xerminar amorodos' 22:45 Marta e Manuel, 'Acondicionado da horta II' Que os vosos pequechos e pequechas queiran participar cando estades a facer xabón é lóxico. E que a vós vos preocupe que anden coa sosa cáustica, tamén! Calma, Patri ten unha solución salomónica. Na lección de hoxe, vainos aprender a preparar Plastilina de xabón! Temos unha cita con Marta e Manuel, os nosos mestres de organización da horta. Vannos explicar como acondicionar unha zona de cultivo, de xeito que poidamos ter no futuro unha produción grande en pouco espazo. Isto sen esquecer que a comodidade no traballo é fundamental. Esta parella ten uns cantos trucos infalibles pra que estar na nosa horta sexa o máis parecido a dar unha volta polo máis bonito dos xardíns ! Comestes uns amorodos que vos gustaron moito... pero non téde-la súa planta pra reproducilos? Non hai problema ningún. N