Índice de contidos 01:40 Rosendo, 'Porbaixa de framboesa' 07:30 Lola, 'Lámpada de vimbio' 15:29 Iago, 'Asociación de liliáceas e umbelíferas' 22:45 Patri, 'Como preparar a raiz da labaza' Toleades polas framboesas? Perfecto! Pero, sabedes que é un “Porbaixa”? E unha “Baixa”? Non vos preocupedes, que Rosendo vainos aprender como aplicalas nesas plantas arbustivas pra que saian froitos a moreas! A cestería é quen de traer luz ás nosas vidas… E se non que llo digan á nosa mestra Lola. Hoxe vainos contar como facer unha lámpada a base de vimbios de diferentes cores… Unha lámpada coa que poidamos presumir de ter unha “luz cen por cento natural”! Se vos preguntamos exemplos de liliáceas e de umbelíferas, posiblemente poucos saberiades responder. Pero seguro que escoitastes moitas veces a frase “mira ben a quen te arrimas!”. Yago diranos como Asociar estes dous tipos de plantas como sistema defensivo! Xa sabedes que a Patri lle doe arrinca-las herbas na súa horta. Así que va