Xogo de preguntas e respostas de cultura xeral clasificadas en seis categorías: Espectáculos, Deportes, Curiosidades, Historia, Sociedade e Xeografía. Participan 3 concursantes desde o plató, arbitrados polo presentador Juan Fuentes, e seis caras nunha fiestra a Galicia, que son os retadores. O premio é un bote de 600 euros e un cruceiro polo Mediterráneo A audiencia participará formulando preguntas, poranse en xogo os coñecementos de cultura xeral sobre Galicia, España e o mundo dunha maneira áxil e divertida. O presentador compostelán Juan Fuentes, condutor de espazos como "Criaturas" ou "Ruta 66", será o mestre de cerimonias, o encargado de demostrar que é posible divertirse e aprender cousas novas. A audiencia tamén participará a través da figura dos "retadores". Seis cidadáns de toda Galicia asomaranse ao estudio de gravación cun xogo inédito, xa que serán eles os que, a través das súas preguntas gravadas na rúa, formularán moitas das cuestións do xogo. Todo o mundo concursa, xa q