No planeta Fantasía a única fonte de enerxía é a imaxinación. Unha crise enerxética asola o planeta. O Consello de Sabios Fantásticos decidíu enviar a catro intrépidos cosmonautas, para buscar imaxinación pola Galaxia. Descubren que Galicia é o lugar onde hai máis imaxinación no Universo, e atópase na literatura infantil galega. Na nave espacial viaxan os catro bonecos: Comandante Gaga, Fiuncho, Pencas, Merliño e Lida (a actriz María Lado) personaxe virtual que vive dentro dun ordenador da nave espacial que transporta á Terra ós catro cosmonautas. Lida é a encargada de narrar o conto de literatura infantil aos nenos.