Unha forte treboada obrígaos a facer unha aterraxe forzosa nunha casa encantada en Galicia. Entre o terror que senten neste lugar, atopan un libro que ían levar á nave, pero Merliño failles crer que lles quedara na casa e bríndase a ir recollelo para facerse o valente ante os seus compañeiros. Arrepentido, Merliño confésalles a verdade, antes de procesalo libro: - Título do libro: "Raquel ten medo" - Autor: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ - Ilustracións: MARINA SEOANE - Editorial: XERAIS Inmediatamente, Lida lé o conto á vez que vemos a letra e as ilustracións do mesmo.-