A tradición de peregrinar ao Corpiño polo día do san Xoán traspasa fronteiras e son miles de fieis os que se achegan ata o famoso Santuario na parroquia lalinense de Santa Baia de Losón para pedir á Virxe que lle cure os males. A avogosa Virxe do Corpiño atrae a visitantes de todas partes do país que a acompañan en procesión para pasala por debaixo, tocar o seu manto e pedir contra o meigallo. Ao rematar as ofrendas, os asistentes achéganse aos postos de venda arredor da capela e gozan dunha churrascada a carón de Nosa Señora.