O programa acompaña a Yuriko, unha moza xaponesa, que, cansada do seu traballo de oficinista nun hospital, decidiu emprender o Camiño, do que soubo grazas a unha revista. Tamén segue os pasos de Verónica, unha enfermeira de Madrid que é peregrina a Santiago por cuarta vez. No seu percorrido, as cámaras encóntrase, ademais, coa presentadora e monologuista Sara Escudero, que fai o Camiño acompañada do seu can.