Nesta entrega de “Peregrino”, coñecemos a historia de xente que decide repetir a aventura de facer o Camiño de Santiago. É o caso de Lynn, unha muller que fixo o seu primeiro Camiño no ano 74 e que hoxe o fai cos seus alumnos. O reporteiro Xiraldo acompaña un rapaz que está no camiño para desconectar de todo e unha rapaza que o fai para conectar coa súa fe. Ademais, o programa explica como xurdiu a idea das frechas amarelas que guían os peregrinos ata Compostela.