O Camiño de Santiago é para moitos máis que unha ruta cara ao encontro da espiritualidade e, no segundo capítulo de “Peregrino” o reporteiro Xiraldo camiña ata Fisterra xunto con Josh, un rapaz de Colorado que leva as cinzas do seu pai con el. Na andaina, coñecemos unha parella de catalás que levan Bollywood moi dentro. As cámaras do programa chegan ata o mosteiro da Magdalena en Sarria e á catedral de Santiago.