Unha excursión de xubilados chega ó Pequeno Hotel e dona Ermitas organiza a súa estancia, tópicamente, con man firme, e ríxidos horarios, como si dun grupo de nenos se tratase. Por outro lado, Miguel acaba implicando a Goomer e a Olga no consumo de iogures para conseguir unha viaxe a París e un coche. Tacho, Brigitte e Don Cosme, encabezados por Claudio, preséntanlle as súas queixas e reivindicacións a dona Ermitas polas críticas das que foran obxecto por parte desta. Finalmente, Goomer e Miguel a piques de estoupar por comer tantos iogures, conseguen a viaxe a París. Mentres os xubilados organizaran unha divertida festa, demostrando a dona Ermitas que teñen máis marcha ca ninguén. No medio da algarabía, Olga descubre o premio do coche, pero un malentendido fai que destrúa a tapa do iogurt. Todos rematan nunha alegre festa, á que se vai sumando todo o equipo de rodaxe no plató.