Miguel lee un comunicado de dona Hermitas que lles fai saber ós outros empregados do hotel, que por motivos económicos lles descontará da nómina 50 euros. Esto provoca unha auténtica revolución entre os traballadores que dirixidos por Claudio, decláranse en folga de fame. Namentres no bar, Tacho, que quedara ó coidado do establecemento en ausencia de Maruxa, da boa conta das tapas de callos xunto cun cliente. As negociacións entre Claudio, erixido en representante dos traballadores, e dona Hermitas chegan a un acordo. Pero Claudio tenta engaña-los empregados e quedar cos cartos. Mentres no bar Tacho colle unha forte indixestión.