Convidados: Teté Delgado e Ernesto Chao Unha visita chega de súpeto ó hotel de doña Ermitas: trátase dun antipático inspector de Turismo que non se mostra nada conforme co personal e o funcionamento do establecemento. Por outra banda, Miguel recibe uns chourizos enviados pola súa nai que lle traerán moitos crebacabezas, dado que serán codiciados por máis dun dos hóspedes... Ademais, dona Ermitas pediralle consello a Brigitte, ó decatarse de que o seu seu fillo está a sofrer mal de amores, por culpa dunha amiga que Olga lle presentou.