Convidado: Luís Zahera Irrompe no hotel un inspector de Facenda coa finalidade de investiga-los "negocios" de Claudio. Éste ve unha posible solución o seu problema cando descobre a atracción que o inspector sente por dona Ermitas. Por outra banda, un xove recén casado que se hospeda no hotel, recibe os consellos de Sevi e "Petróleo" para afronta-la súa noite de bodas.