Miguel espera a visita de Valdo, un amigo da infancia na aldea e agora rico hostelero, a quen lle fixera crer que é o propietario do hotel. Paula e don Cosme, compadécense del e séguenlle o xogo ante o seu amigo. Pero cando dona Ermitas descubre o engano, Miguel faina pasar pola muller da limpeza; ela a súa vez dálle un ultimato para que se desfaga do seu amigo e acabe coa andrómena. Por outra parte, Brigitte, unha meiga que trata de captar clientes, protagoniza un episodio xunto con Claudio, que acaba accedendo ás peticións desta, convencido de que lle botara un meigallo. Finalmente, levarán unha gran sorpresa ó descubriren que Valdo tamén os enganara...