No hotel prodúcese un pequeno incendio. Todos lle botan a culpa a Miguel pola súa torpeza, pero ó hotel chega un perito da compañía de seguros disposto a aclara-los feitos. O perito demostra a inocencia do pobre Miguel, pero cando Hermitas intenta desculparse, ninguén sabe onde se meteu...