Convidado: Xosé Ramón Gayoso Olga xa ten o traballo de recepcionista no hotel de dona Ermitas, pero insiste en ser actriz. Sevi, que pretende conseguir unha cita coa rapaza, faille crer que é amigo de Gayoso, -popular presentador de TVG- quen lle vai consegui-la ansiada oportunidade. Por outro lado, unha nova clienta chega ó hotel, a Sra. Barreiro, medio xorda e con moi mal carácter, a quen lle desaparece unha importante suma de cartos. Ó pouco, chega o pai de dona Ermitas, coa intención de quedar. Dona Ermitas, nunca se levara ben con este, que por outra parte sempre lle está a causar problemas, aínda que esta vez lle vai arranxa-lo incidente coa Sra. Barreiro.