Un millonario caprichoso faille unha oferta a Hermitas para mercarlle o Hotel, o que provoca todo tipo de reaccións entre empregados e clientes. Gumer aposta a que é capaz de ser amable durante un día enteiro. Para acabar de complicar esta aposta, estropéase o aire acondicionado do Hotel, co que todos acaban en roupa interior.