Carmucha, tía de dona Hermitas, chega ó hotel coa intención de quedarse ata que lle rematen unhas obras na súa casa. O problema é o seu insoportable carácter que fai que todos desexen que marche canto antes. O incríble son as boas migas que fará con Miguel. Dona Ermitas vai aproveitar esta circunstancia, para negociar con Miguel botar a Carmucha, a cambio de dous días libres que éste lle pide para ir á festa do pobo. Por outra banda, Sevi recibe unha carta duns amigos de Hamburgo que lle piden axuda para unha cervexería que acaban de abrir.